First slide

ESTATUTOS

CAPÍTULO IV

DO RÉXIME ECONÓMICO

ARTIGO 39.
A Asociación constitúese sen patrimonio fundacional.

ARTIGO 40.
A Asociación é unha entidade sen ánimo de lucro. Os posíbeis beneficios obtidos como consecuencia das súas actividades económicas, incluídas as prestacións de servizos, destinaranse exclusivamente ó cumprimento dos seus fins.

ARTIGO 41.
Os recursos económicos previstos para o desenvolvemento dos fins e actividades da Asociación serán os seguintes:

  1. As cotas ordinarias dos/das asociados/as, que en ningún caso serán reintegrábeis.
  2. As cotas extraordinarias e/ou derramas que propoña a Xunta Directiva e sexan aprobadas en Asemblea.
  3. As doazóns ou subvencións que poidan conceder órganos públicos, entidades privadas ou particulares.
  4. Os ingresos que se poidan recibir polo desenvolvemento das actividades da Asociación.
  5. As achegas voluntarias, que se considerarán como préstamos sen xuros, reintegrábeis nos termos que se pacten.
  6. Os bens propios, móbeis e inmóbeis.
  7. Calquera outro recurso lícito.

ARTIGO 42.
O exercicio asociativo económico será anual e o seu peche terá lugar o 31 de decembro de cada ano. A Asociación levará unha contabilidade que permita obter unha imaxe fiel do patrimonio, do resultado e da situación financeira da entidade, e efectuará un inventario anual dos seus bens así como das actividades realizadas que se formalizará nunha memoria e será posta a disposición dos/as socios/as, durante un período non inferior a quince días ó sinalado para a celebración da Asemblea Xeral Ordinaria que deberá aprobalo ou censuralo. Asemade o orzamento da Asociación será anual, tendo que ser aprobado na Asemblea Xeral Ordinaria de inicio do exercicio.

ARTIGO 43.
Para a disposición de fondos das entidades bancarias onde a Asociación teña depositados os mesmos, deberán ter recoñecidas as sinaturas o/a Presidente/a, o/a Vicepresidente/a e o/a Tesoureiro/a, para o emprego conxunto de dúas delas, sendo imprescindible a do Presidente/a.

ARTIGO 44.
A disposición dos bens patrimoniais deberá ser aprobada pola Asemblea Xeral Extraordinaria.

ARTIGO 45.
O exercicio de cargos no seo da Asociación non comportará retribución algunha; non obstante, os gastos que xere o desempeño dos respectivos cargos serán aboados pola Asociación, previa xustificación, segundo procedemento e contías que estableza a Xunta Directiva en cada momento.

« Volver

Redes sociales



Miembros de:



Coa Colaboración de: