As persoas usuarias de ADACE LUGO desfrutaron a festa do Arde Lucus
Como en anos anteriores, o venres 14 de xuño, as persoas usuarias de ADACE LUGO participaron e disfrutaron da festa de recreación histórica na que se revive e conmemora o pasado romano da cidade de Lugo.
Este ano, puidemos estrear novas vestimentas que nos permitiron caracterizarnos como auténticos emperadores romanos. Os traxes foron confeccionados ao longo do ano por un grupo de persoas, familiares e afectados de DCA, que formaron un grupo de costura para a elaboración dos traxes.
O día comenzou ca quedada cas persoas usuarias na Plaza do Ferrol, onde nos caracterizamos, dende alí nos desprazamos, dando un paseo á Praza de San Marcos onde teñen o campamento a Guardia Pretoriana.
Máis tarde nos diriximos ao campamento da asociación Caetra Lucensium, onde puidemos visitar as insalacions de recreación histórica e realizar un obradoiro de tear romano.
O día finalizou con unha comida conxunta na Cafetería Ousa para pechar a festa.
Coa Colaboración de: