EL DAÑO CEREBRAL ADQUIRIDO (DCA)
O dano cerebral adquirido (DCA) é unha lesión que se produce nas estructuras cerebrais de forma súbita en persoas que naceron sen ningún dano no cerebro, causándolles diferentes secuelas físicas, psíquicas e sensoriais.
En Galicia calculanse que existen unhas 35.000 persoas afectadas, e cada ano se producen sobre 7000 novos casos.
As principais causas son:
- Traumatismos craneoencefálicos (TCE), secundario no 80% dos casos a un accidente de tráfico, e afectando fundamentalmente a persoas máis novas.
- Accidente cerebrovasculares (ACV), secundarios a isquemia ou a hemorraxias cerebrais (trombosis, embolias, malformacións).
- Tumores cerebrais.
- Encefalopatías anóxicas por parada cardiorespiratora.
- Enfermedades neurodexenerativas que poden afectar ás estructuras do sistema nervioso e cursan con afectación cerebral.
A PRINCIPAL CAUSA DE DANO CEREBRAL ADQUIRIDO É O ICTUS
As consecuencias poden ser:
- Trastornos e/ou secuelas físicas: Inmobilidade en diferentes partes do corpo, hemiplexia, trastornos da marcha,..
- Sensoriais : afectación ou pérda de visión, de audición, de olfato, hemiparesia.
- Cognitivas (desorientación, problemas de atención, alteracións do nivel de alerta, alteracións de linguaxe e comunicación, alteracións de memoria, alteracións de cálculo, disfuncións executivas…
- Afectivo-comportamentais (alteracións do humor e da personalidade, impulsividade, conducta infantil, ansiedade, depresión, insomnio, apatía, hiperactividade, agresividade…
- Secuelas orgánicas: alteracións respiratorias, problemas de control de esfinteres
Todo esto conleva consecuencias na propia persoa afectada (dificultades no desempeño de actividades da vida diaria, laboral, relacións sociais…) y na súa familia (ademáis do forte impacto estresor despois do accidente ou enfermidade, en moitos casos terán que proporcionar apoio e asistencia ao seu familiar ao largo do tempo). Son consecuencia do dca o empobrecemento e o risco de exclusión social