HISTORIA

Adace-Lugo é unha asociación sen ánimo de lucro, de ámbito provincial, formada por persoas afectadas de dano cerebral adquirido (DCA), as súas familias e outros colaboradores. A entidade xurde pola necesidade existente na nosa provincia, pola falta de recursos e atención a esta problemática, e pola iniciativa de colaboradoras, afectados e familiares, que se unen cunha finalidade común, crear unha asociación para poder atender a tódalas persoas relacionadas co DCA.


Adace- Lugo constituíuse legalmente en xaneiro do 2006, completándose así a rede galega de asociacións de afectados por DCA, que pasarán a formar xuntos a Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE). Os compoñentes da mesma son: ADACE en Lugo, SARELA en Santiago de Compostela, ADACECO en A Coruña, ALENTO en Vigo e RENACER en Ourense.


Todas estas asociacións, a maiores de forma-la FEGADACE, tamén estamos adheridas na Federación Española de Daño Cerebral (FEDACE).

Os obxectivos primordiais de Adace-Lugo son:

Promover a acollida, información, orientación e asesoramento a familiares e afectados de dano cerebral sobrevido.

Sensibilizar ós poderes públicos e á sociedade en xeral sobre a problemática do afectado de DCS e das súas familias.

Promove-la defensa dos dereitos, a rehabilitación, a integración, a normalización social e mellora da calidade de vida das persoas afectadas por dano cerebral.

Promoción e reivindicación dos servizos sanitarios, asistenciais, educativos, laborais, residenciais, sociais e lúdicos necesarios e axeitados para cubri-las necesidades das persoas afectadas de DCA.



Cooperar con outras institucións, entidades e profesionais relacionados co dano cerebral sobrevido.

Os fines primordiais de ADACE-Lugo son:


ESPECÍFICOS:

Adace Lugo está inscrita como Entidade Prestadora de Servizos Sociais da Xunta de Galicia e inscrita no Regxstro de Centros Sanitarios C-27-000962.

Dende o ano 2015 conta con un Centro de día terapeútico de media estadía para persoas con DCA, que conta con 10 prazas concertadas ca Xunta de Galicia.

Dende o ano 2019 Entidade declarada de Utilidade Pública.



MISIÓN, VISIÓN E VALORES

MISIÓN

ADACE LUGO é unha entidade sen ánimo de lucro creada por familiares e afectados de dano cerebral adquirido, que desenvolve a súa actividade na provincia de Lugo. Ten como fin axudar as persoas con dano cerebral adquirido e as súaas familias a mellorar a súa calidade de vida e loitar pola defensa dos seus dereitos-

VISIÓN

Responder as necesidades das persoas afectadas de dano cerebral adquirido e aos seus familiares a través da creación de servizos sociosanitarios especializados. Fomentando a sensibilización e prevención. Contribuindo activamente na defensa dos dereitos das persoas con dano cerebral adquirido.

VALORES

Compromiso , Profesionalidade , Solidaridade e Responsabilidade.

Miembros de:


Coa Colaboración de: