ARTIGO 39.
A Asociación constitúese sen patrimonio fundacional.
ARTIGO 40.
A Asociación é unha entidade sen ánimo de lucro. Os posíbeis beneficios obtidos como consecuencia das súas actividades económicas, incluídas as prestacións de servizos, destinaranse exclusivamente ó cumprimento dos seus fins.
ARTIGO 41.
Os recursos económicos previstos para o desenvolvemento dos fins e actividades da Asociación serán os seguintes:
ARTIGO 42.
O exercicio asociativo económico será anual e o seu peche terá lugar o 31 de decembro de cada ano. A Asociación levará unha contabilidade que permita obter unha imaxe fiel do patrimonio, do resultado e da situación financeira da entidade, e efectuará un inventario anual dos seus bens así como das actividades realizadas que se formalizará nunha memoria e será posta a disposición dos/as socios/as, durante un período non inferior a quince días ó sinalado para a celebración da Asemblea Xeral Ordinaria que deberá aprobalo ou censuralo. Asemade o orzamento da Asociación será anual, tendo que ser aprobado na Asemblea Xeral Ordinaria de inicio do exercicio.
ARTIGO 43.
Para a disposición de fondos das entidades bancarias onde a Asociación teña depositados os mesmos, deberán ter recoñecidas as sinaturas o/a Presidente/a, o/a Vicepresidente/a e o/a Tesoureiro/a, para o emprego conxunto de dúas delas, sendo imprescindible a do Presidente/a.
ARTIGO 44.
A disposición dos bens patrimoniais deberá ser aprobada pola Asemblea Xeral Extraordinaria.
ARTIGO 45.
O exercicio de cargos no seo da Asociación non comportará retribución algunha; non obstante, os gastos que xere o desempeño dos respectivos cargos serán aboados pola Asociación, previa xustificación, segundo procedemento e contías que estableza a Xunta Directiva en cada momento.
Coa Colaboración de: