No marco das iniciativas de promoción da saúde, FEGADACE, organiza en Ourense, o domingo 12 de setembro, o trail e andaina solidaria "Camiñando polo dano cerebral".
A inscripción está aberta en https://www.carreirasgalegas.com/carreira/trail-e-andaina-solidaria-camiñando-polo-dano-cerebral/1fffec78-706e-7727-33f5-39fd0425c3a6, onde se pode consultar a ficha tecnica, a ruta do trail, a ruta da andaina, descargar o regulamento e acceder ao protocolo COVID-19 xunto coa correspondente declaración responsable.
A cota solidaria de inscrición é de 10 euros na andaina. Tamén está dispoñible un Dorsal *0 por se non podes participar pero queres colaborar igualmente. *0prazo para anotarse finaliza o 7 de setembro.
FEGADACE quixo favorecer a participación de todas as persoas interesadas cuntrail de 14 quilometros, e tamén cunha andaina mási curta, de 8,5, para que cada quen podida modular en fucnión da súa capacidade física. Ademási, para aquelas persoas con mobilidade reducida que non poidan asumr calquera dospercorridos ao completo,e stá dispoñible o tramo final, de 400 etors e totalmente accesible, libre de inscrición.
Tanto a saída como a meta localízanse na Pista de Atletismo do Campus de Ourense , e o percorrido levará ás persoas participantes por sendeiros e camiños da cidade e do veciño concello de O Pereiro de Aguiar.
FEGADACE conta para esta actividade coa implicación das súas cinco asociacións: ADACECO, ADACE LUGO, ALENTO, RENACER, cunha maior implicaión por ser a entidade que comparte sede co trail e andaina, e SARELA. Ademáis, colaboran en diferente medida coa organización do evento Gadis, Eroski, a Federación Galega de Atletismo, o Concello de Ourense, o Consello Municipal de Deportes de Ourense, Inorde Turismo de Ourense e RunManiak.
PARTICIPA!!!
Coa Colaboración de: