Lectura do Manisfesto polo Día do Dano Cerebral 2021

Un ictus pode facer que dun segundo a outro esquezas o nome da túa filla; un traumatismo cranioencefálico pode ocasionar que non sexas capaz de atarche os zapatos; e un tumor no cerebro pode provocar que non saibas como relacionarche cos teus seres queridos. Son tres exemplos de como un Dano Cerebral pode cambiarche a vida de maneira súbita e inesperada, pasando de ser unha persoa autónoma a alguén con necesidades de apoio nos actos máis esenciais da vida. Esta perda de capacidades supón un gran pau non só para o medio millón de persoas con Dano Cerebral que vivimos en España, senón tamén para os nosos familiares e amigos.

Hoxe 26 de outubro, Día Nacional do Dano Cerebral, queremos expoñer a necesidade de que todas as persoas con Dano Cerebral podamos acceder, desde o minuto cero, a unha rehabilitación específica e especializada; independentemente de onde vivamos, da idade que teñamos, das secuelas que nos quedaran, ou do diñeiro da nosa conta bancaria.

A  neurorrehabilitación é fundamental porque nos pode permitir recuperar a nosa antiga normalidade nas mellores condicións posibles. Que despois de ter un Dano Cerebral poidas coller o autobús, subir unhas escaleiras, ou acordarche de felicitar ao teu irmán polos seus aniversarios.

Para iso, debe existir unha coordinación sociosanitaria que, coa activación dun código “Dano Cerebral”, non se deteña tras recibir o alta hospitalaria. Agora isto non é así: agora a metade das familias e persoas con Dano Cerebral saen do hospital sen información sobre onde continuar a rehabilitación a partir dese momento. Queda por diante un labirinto de dúbidas e preocupacións no que a recuperación corre o risco de  estancarse ou mesmo de dar marcha atrás.

Por iso é necesario que haxa servizos de atención ao Dano Cerebral en todos os puntos do país: unha rehabilitación que chegue a todas as cidades e a todos os pobos. Actualmente, #ante a escaseza e desigualdade territorial de recursos, boa parte das persoas con Dano Cerebral deben desprazarse fóra da súa localidade para ir ao centro de atención.

Por todo o exposto, desde a Federación Española de Dano Cerebral, que representa a 46 entidades e a máis de 11.000 persoas socias, reclamamos:

Que se impulse unha Estratexia Nacional de Atención ao Dano Cerebral que garanta unha atención coordinada, integral e multidisciplinar a cada persoa con Dano Cerebral, independentemente da súa situación socioeconómica e do seu lugar de residencia.
Que se elabore un censo de persoas con Dano Cerebral para así poder  dimensionar os recursos necesarios para a adecuada atención deste colectivo.
Que se cre a categoría  diagnóstica “Dano Cerebral”, aplicable no momento do alta hospitalaria.
Que se inclúa a a familia como parte beneficiaria do proceso de atención, e non só como parte colaboradora; para que esta tamén reciba a información, formación e apoio psicolóxico que require durante todo o proceso.
Que nos plans de atención sociosanitaria téñanse en conta as necesidades específicas das persoas con Dano Cerebral con maior vulnerabilidade, como son as persoas con dano cerebral severo, os menores con Dano Cerebral e as persoas con alteracións graves da conduta; así como das súas familias.
Este 26 de outubro, Día nacional do Dano Cerebral, as persoas con Dano Cerebral queremos que se escoite a nosa voz e que se atendan as nosas peticións. Necesitamos unha rehabilitación especializada que garanta a inclusión social e que axude a conseguir unha adecuada calidade de vida, xa que “unha vida salvada merece ser vivida con dignidade”.

 



« Volver ó listado xeral de noticias

Miembros de:


Coa Colaboración de: