FINALIZACIÓN ACTIVIDADES CURSO 2022

Durante os meses de maio e xuño e coa chegada da calor, remataron as actividades realizadas fóra das instalacións de ADACE. Volveremos coas pilas cargadas para o próximo mes de setembro.
Volei in: Despois do exercicio habitual, fixemos unha festa e polo tanto tomamos algo na piscina das Pedreiras para celebrar o final de tempada.
Fenda Dixital: Fixemos unha saída polo centro de Lugo co obxectivo de aplicar os coñecementos das novas tecnoloxías vistos durante o curso
Memoria presencial e en liña: Os dous grupos saímos a ver unha exposición, alí coñecemos máis cousas sobre as orixes de Lugo.
Grupo de familias:Acudimos a un divertido escape room co tema de Jumanji.
Piscina: Demonos un último baño na piscina traballando na mellora da nosa condición física.
Baloncesto: Rematamos a actividade facendo diversos exercicios e tirando a canastra.



« Volver ó listado xeral de noticias

Miembros de:


Coa Colaboración de: