Programación Día do Dano Cerebral 2022

Achégase o #26DeOctubre #díadeldañocerebraladquirido por iso compartimos con vosotr@s hoxe a nosa programación  de actividades🗓
Será unha semana  chea de sorpresas con 🧠💻 "Conexións co DCA" grazas ás persoas que se conectarán connosco para contarnos a súa día a día e coñecer así tamén a nosa realidade.
📍Esperámosvos a tod@s o mércores 26 ás 12:00 no concello de Lugo para a Lectura do Manifesto.
Pero non queda aí, este ano como novidade realizaremos, o propio día do dano cerebral, unha xornada de portas abertas no noso centro, convidándovos a que vos acheguedes para coñecernos, ver as nosas instalacións, e por suposto acudir á 📷Exposición 🖼🧠 "Visión do DCA" que teremos exposta por todo o centro grazas ás fotos que estivemos recibindo, de familiares, xente anónima, de usuari@s e equipo técnico. 
Non podedes faltar! 



« Volver ó listado xeral de noticias

Miembros de:


Coa Colaboración de: