"Sensibilización en Centros Educativos"

A semana pasada continuamos coas nosas xornadas de "Sensibilización en Centros Educativos"

O noso Traballador Social, Educadora Social, Neuropsicóloga e unha persoa afectada con DCA, acudiron nesta ocasión ao IES Basanta Silva de Vilalba para impartir unha xornada divulgativa, de formación e información sobre o DCA.

Con contido claro, dinámico, incluíndo un taller práctico e vivencial para poñerse no lugar dos demais.

É labor fundamental concienciar aos mozos da importancia da prevención, e detección precoz dun posible caso de ictus, ou dano cerebral, así como as súas posibles secuelas visibles ou invisibles.

Foi un pracer! Moitas grazas por contar con nós para visibilizar o DCA.

Seguiremos realizando diferentes charlas teórico- prácticas dirixidas a alumn@s porque o noso obxectivo é visibilizar, concienciar e previr o DCA 

#FormaciónÉPrevención



« Volver ó listado xeral de noticias

Miembros de:


Coa Colaboración de: