HORTO URBANO ADACE

Posta en marcha do horto urbano de Adace Lugo con un grande éxito

ADACE Lugo incorporou  este 2023 no  programa de actividades do centro  o obradoiro “Horto Urbano” gracias á  concesión dunha  das 150 parcelas habilitadas no Río Rato pola Deputación Provincial de Lugo. Para levar a cabo a nosa labor elaborouse  un grupo de traballo formado por 8 persoas usuarias do centro.

Ter un horto ecolóxico, como o noso, implica diferentes aspectos a ter en conta. 

En primero lugar, traballamos e labramos a terra cos productos que se nos proporcionaron inicialmente para posteriormente iniciar o proceso de plantación. Para empezar dito proceso, obtuvemos as prantas por diferentes vías, como por exemplo, realizando compras en tendas cercanas para apoiar o  comercio local ou  tamén con diferentes aportacións comunitarias.

Unha vez completado o proceso inicial, seguimos visitando o horto para poder facer un seguemento, é dicir, quitar as malas herbas, regar cando é preciso ou ir recolectando os productos que estén dispoñibles para poder consumilos.

Ademáis de todo isto, o noso  horto está moi ben organizado grazas á  colaboración dun usuario que realiza carteis de xeito artesanal para poder diferenciar as diferentes prantas que temos. ¡Así da gusto!

É  unha actividade que implica moito  máis que coñecer o funcionamiento dun horto,é  por eso  , que os obxectivos que traballamos a través da mesma son:

-Crear hábitos saludables e   de nutrición consumindo alimentos sans e  frescos.

-Favorecer os vínculos e aumentar as relacións sociais entre os participantes da actividade.

-Crear un espacio de traballo pero tamén de ocio nunn entorno ao aire libre onde todos sexamos iguais  e  aprendamos uns dos outros.

-Reducir o sedentarismo grazas á actividade física que se xenera.

-Reducir o estrés tanto a nivel afectivo como a nivel fisiolóxico.

-Propiciar o contacto ca natureza.

-Aumentar o  benestar xeral.

 



« Volver ó listado xeral de noticias

Miembros de:


Coa Colaboración de: