O Luns 19 de Febreiro ás 18:00 horas da tarde, terá lugar a terceira charla da Escola DCA: "Transferencias e mobilizacións". Estará impartido pola Fisioterapeuta de ADACE LUGO, Laura Teijeiro Barja. Realizarase no Local Maria Mariño, 1º planta, Rúa Montefaro nº 2 (Parque de Frigsa).
É unha charla dirixida a socios, familiares e coidadores de persoas con DCA. A mobilización e transferencia de persoas con mobilidade reducida ou con calquera outro trastorno do movemento, son actividades que están moi presentes no día a día… e que supoñen unha carga física considerable para o fisioterapeuta,coidadores,ou familiares, que no caso de non estar adestrados para iso poden provocarlles importantes lesións musculo- esqueléticas.
Por iso nesta charla facilitarase diferentes técnicas e boa praxe á hora de mobilizar. Resolvendo todas as dúbidas.
Prazas limitadas. Máis información e inscricións no 982243503-663085391
Coa Colaboración de: