FEGADACE inaugura o día 20 a exposición "Punto e seguido"

A Federación e as asociacións galegas de dano cerebral queren achegar á cidadanía galega a realidade das persoas e familias con dano cererebral adquirido. Para iso FEGADACE vai estrear en Santiago de Compostela o vindeiro 20 de marzo unha curtametraxe e unha colección de fotografías nas que as persoas con dano cerebral abren as súas portas, amosando que o DCA non é un punto final. Que é un 'Punto e Seguido' para unha nova vida.

 

As imaxes, obra do fotógrafo compostelán Aigi Boga, realizáronse nas cinco asociacións galegas de dano cerebral e están protagonizadas por persoas con distintos graos de discapacidade e en diferentes situacións que amosan o seu día a día. A mostra no seu conxunto representa o papel que as asociacións xogan á hora de construír un espazo común de recuperación, apoio e convivencia.

“Punto e seguido. A vida despois do dano cerebral adquirido” poderá visitarse ata o 30 deabril, de 9:00 a 20:00, na sala Campus Stellae. A continuación iniciará un percorrido que a levará, ao longo de 2018, ás cidades da Coruña, Ourense, Vigo e Lugo. Proximamente iranse anunciando as datas e salas nas que se poderá visitar.

Esa mesma tarde FEGADACE tamén vai estrear unha curtametraxe, creado por Edición Rusa, no que a través de diferentes testemuños de persoas con DCA, familiares e profesionais das asociacións crean un retrato da complexidade de secuelas que compoñen o dano cerebral adquirido: físicas, sensoriais, económicas, cognitivas, sociais, orgánicas... Ambos os dous materiais foron elaborados co apoio da Deputación da Coruña. Para a exposición contouse, ademais, coa colaboración da Fundación La Caixa.

A inauguración vai ter lugar na Sala de Exposicións Campus Stellae \\\(Praza da Quintana, 3 - Santiago de Compostela\\\), o martes 20 de marzo, Día da Felicidade, ás 19:00 h. e poderá visitarse ata o 30 de abril, de 9:00 a 20:00. A continuación iniciará un percorrido que a levará, ao longo de 2018, ás cidades da Coruña, Ourense, Vigo e Lugo. Proximamente iranse anunciando as datas e salas nas que se poderá visitar.



« Volver ó listado xeral de noticias

Miembros de:


Coa Colaboración de: