Respiro Familiar 2018

"Actividade de lecer de fin de semana para persoas usuarias"

Este pasado fin de semana fomos de "Respiro Familiar"; co obxectivo de que os usuarios desconecten, divírtanse, e cambien un pouco o seu día a día;e por conseguinte os familiares teñan un descanso do coidado do seu familiar.

Este ano viaxamos ao Albergue de Gandarío \(A coruña\) onde o Venres realizamos un taller de camisetas e xogos lúdicos.

O Sábado pola mañá iniciamos unha divertidísima "Procura do tesouro" con diversas probas.

Xa pola tarde visitamos casa " da auga" onde nos relaxamos entre as súas augas e gozamos dunha agradable xornada. O Domingo pola mañá saímos a espremer cada minuto de excursión por Sada,onde repuxemos forzas tomando algo nas terrazas,pois o tempo acompañounos durante todo o fin de semana e o sol recargounos as pilas.



« Volver ó listado xeral de noticias

Miembros de:


Coa Colaboración de: