ESCOLA DCA: "Coidado do coidador"

O Luns 21 de Maio, realizarase unha nova sesión de # EscolaDCA, que impartirá nosa Neuropsicóloga Elisa López Fernandez.

Nesta ocasión trataremos o "Coidado do coidador", onde falaremos da figura do coidador, papel esencial e moi importante, xa que sobre el recae ás veces a carga de toda unha casa e a do coidado dos seus familiares.

A tensión e a presión ás veces poden desbordarlle. É clave, que se a persoa vese desbordada non teña problema en pedir axuda. En caso que o coidador o sexa debido a que un familiar caeu enfermo,ou que xa son maiores, o coidador non debe caer na tristeza, afrontar o problema, levalo da mellor forma, e con positividad. As nosas necesidades son tan importantes como as do resto e por atendelas non debemos sentir ningún tipo de culpabilidade. Coidarnos a nós mesmos vainos a dar unha dose extra de enerxía e evitaremos chegar a caer enfermos física ou psicoloxicamente.

A finalidade desta sesión será achegar unha serie de pautas para axudarvos no día a día , así como resolver todas as vosas dúbidas.

Terá lugar en Cásaa María Mariño C/ Monte Faro 2 \\\\\(Parque da Milagrosa\\\\\), o vindeiro Luns 21 de Maio, ás 18:00. Destinado para socios, familiares e afectados DCA.

Esperámosvos!



« Volver ó listado xeral de noticias

Miembros de:


Coa Colaboración de: