O Luns 18 de Xuño, realizarase como cada mes,unha nova sesión de # EscolaDCA, que impartirá nosa Neuropsicóloga Elisa López Fernandez.
Nesta ocasión trataremos "Técnicas de Relaxación".
As técnicas de relaxación teñen como obxectivo proporcionar unha habilidade para afrontar situacións diarias que poden xerarlle preocupación, excesivo medo e unha emocionalidad negativa e ineficaz para resolver un problema.
Achega múltiples beneficios como aumentar a capacidade de concentración, a memoria, de aprendizaxe, de enfrontarse a situacións estresantes, o coñecemento dun mesmo, a visualización creativa, facilita o pensar positivo, mellora a seguridade nun mesmo e autoestima, prevén e prepara respostas de adaptación.
A finalidade desta sesión será achegar unha serie de pautas para axudarvos no día a día , así como resolver todas as vosas dúbidas.
¡¡¡E a relaxarse!!!
Terá lugar en Cásaa María Mariño C/ Monte Faro 2 \\(Parque da Milagrosa\\), o vindeiro luns 18 de Xuño, ás 18:00.
Destinado para socios, familiares e afectados DCA.
Esperámosvos!
Coa Colaboración de: