Festa Fin de Tempada Adace Lugo

Coa actuación de Verónica Cambón, presentando o seu novo disco, e os animadores Dj Francis e Diablillo.

O Xoves 28 de Xuño pola tarde, no salón de actos de Cásaa María Mariño \(Parque Milagrosa\) de 16:00 a 20.00.
 Gozamos dunha tarde diferente coa colaboración desinteresada de Verónica Cambón e os animadores  Dj  francis e  Diablillo.
É un pracer contar sempre con eles para celebrar un evento, e esta vez xuntos.
Verónica Cambón presentounos o seu novo disco, interpretándonos a súa nova canción e asinou autógrafos a quen quixo.
Por outra banda  Dj  Francis e  Diablillo animáronnos con cancións e bailes.
Foi un evento moi beneficioso para cambiar a rutina do día a día, mellorar a socialización cos demais, estimular a capacidade de expresión, a concentración, desenvolver a imaxinación, a creatividade e a memoria. A música ten a capacidade de activarnos ou relaxarnos. 
 En definitiva e non podemos esquecer que é unha fonte de pracer e diversión.
Realizamos unha merenda para repoñer forzas e continuar a festa.
Damos as grazas por atoparnos no noso camiño a xente tan especial e marabillosa,que goza co seu traballo e fai que os demais gocen o dobre.



« Volver ó listado xeral de noticias

Miembros de:


Coa Colaboración de: