Actividade de Buceo Adaptado no mar.

Un deporte inclusivo co que cumpriron un soño.

O Domingo 2 de Setembro, grazas á organización da Asociación " Á Auga sen limitacións", algúns dos usuarios de  Adace Lugo, que previamente mergullaron xa en piscina para aprender e facerse cunhas nocións básicas en mergullo, nesta ocasión puideron ampliar experiencia no mar. 

A actividade levou a cabo en Portocelo, onde os monitores de "Á Auga sen limitacións" tíñano todo organizado, para facernos gozar dunha gran xornada de mergullo. Damos as grazas polo trato recibido e a atención sempre impecable.

Para os usuarios foi unha experiencia inesquecible, e na que cumpriron un soño. 

Despois unha mañá chea de emocións, tamén puideron gozar dunha comida todos xuntos.

Desexando repetir experiencia sen dúbida!



« Volver ó listado xeral de noticias

Miembros de:


Coa Colaboración de: