O Luns 17 de Setembro, retomaremos novamente # EscuelaDCA onde cada mes realizarase unha nova sesión. Nesta ocasión impartiraa a nosa Directora e Traballadora Social Iria Abel Parga.
onde trataremos "Lei de dependencia e recursos sociais".
Falaremos da promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia.
Explicaremos a lei de dependecia, unha lei española que engloba o conxunto de servizos e prestacións destinadas á promoción da autonomía.
Trataremos os recursos sociais que son os medios humanos, materiais, técnicos, financeiros, institucionais, etc , de que se dota a se mesma unha sociedade, para dar resposta ás necesidades dos seus individuos, grupos, comunidades, en canto integrantes dela.
A finalidade desta sesión será achegar unha serie de pautas para axudarvos no día a día , así como resolver todas as vosas dúbidas.
Non o dubidedes!!!
Terá lugar en Cásaa María Mariño C/ Monte Faro 2 \(Parque da Milagrosa\), o vindeiro luns 17 de Setembro, ás 18:00.
Destinado para socios, familiares e afectados DCA.
Esperámosvos!
Coa Colaboración de: