"Cousas que debes saber sobre o dano cerebral adquirido cando o teu familiar esta no hospital"
o día 14 de maio presentouse no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago a guía Cousas que debes saber sobre o dano cerebral adquirido cando o teu familiar está no hospital, elaborada por un grupo de traballo composto por persoal das asociacións e da Federación Galega de Dano Cerebral \(FEGADACE\), do que forma parte ADACE LUGO.
Presentación en colaboración coa Xerencia de Xestión Integrada de Santiago
A Federación contou para o acto coa colaboración da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago. A súa subdirectora de Calidade e Atención ao Paciente, Beatriz Pais, participou coa directora de FEGADACE, Begoña Hermida, na apertura do acto. Foi clausurado pola Xerente de Xestión Integrada, Eloína Núñez.
Ademáis, o acto contou con tres pequenas mesas. A primeira estivo protagonizada por profesionais do hospital de Santiago. O Xefe do Servizo de Neuroloxía, José María Prieto. A enfermeira supervisora de planta de Neuroloxía, Rosa Romero. O traballador social, José Luis Barreiro, o psicólogo clínico Miguel Anxo García.
A continuación interviñeron os equipos profesionais das asociacións de FEGADACE; en concreto, unha representación do grupo de traballo que elaborou a guía, composto por Laura Ramírez, psicóloga e coordinadora do centro de día de Alento que falou das necesidades emocionais das familias; José Antonio Fernández, educador social DE RENACER OURENSE que explicou o proceso de elaboración e revisión da guía; Nerea Darriba, terapeuta ocupacional de ADACE LUGO, que se centrou nos apartados relacionados coa accesibilidade e a volta ao fogar; e Laura Segade, traballadora social DE SARELAquen falou das necesidades informativas das familias.
Por último, oíuse a voz das persoas con dano cerebral adquirido na persoa de Amado López, usuario de a Asociación de Dano Cerebral de Compostela.
A guía forma parte dun proxecto executado ao longo do ano pasado co apoio da Deputación da Coruña.
Coa Colaboración de: