ESCOLA DCA:

"ALTERACIÓNS E PROBLEMAS DE CONDUCTA"

O vindeiro luns día 18 de novembro, terá lugar a próxima sesión de escola DCA, prevista para este ano: "Alteracións  e problemas de conducta".

Despois do dano cerebral poden ocurrir alteracións ou cambios na personalidade da persoa afectada, ben por comportamentos novos ou ben porque se agudizan alguns que xa existían previamente. Todo esto é debido á  afectación das estructuras e funcións do cerebro e varían dependendo do  tipo de lesión, localización, características persoais previas da persoa e incluso o seu  entorno.

As alteracións de conducta afectan a un gran  número de persoas. As alteracióss máis frecuentes pódense dar en diferentes niveis de gravidade  e combinados: axitación, deambulación, labilidade emocional, irritabilidad e agresividade, conducta sexual inapropiada, deshibición conductual;  depresión e ansidedade; apatía e egocentrismo.

Está dirixido a socios, persoas coidadoras e familiares.

Será na  Casa De Asociacions Maria Mariño, na rúa  Montefaro, no  primer piso, local ADACE ás  18.00 horas.



« Volver ó listado xeral de noticias

Miembros de:


Coa Colaboración de: