QUÉ FACEMOS


EDUCACIÓN SOCIAL

Intervense na realidade sociocultural dotando aos usuarios de ferramentas que fomenten as súas relacións sociais e a súa inclusión tanto no centro como na sociedade.

Para levar a cabo esta intervención é necesario delimitar as áreas de traballo avaliando as necesidades individuais e grupais adaptando os obxectivos da maneira máis precisa posible. Para iso, desde a área de educación social levan a cabo diferentes talleres relacionados directamente coa dotación de ferramentas que fomentan a autonomía e a plena inclusión do usuario na sociedade.

TALLERES E OBXECTIVOS:

  • Habilidades sociais:
    • Facer uso da asertividade.
    • Aprender a relacionarnos de forma adecuada.
    • Promover a capacidad para resolver os conflictos da vida diaria constructivamente.
    • Mellorar a comunicación verbal, non verbal e paraverbal.
  • Novas tecnoloxías:
    • Favorecer a inclusión dixital.
    • Romper a fenda dixital.
    • Fomentar a aprendizaxe de competencias dixitais.
    • Apoiar de maneira individualizada cando sexa necesario.
  • Teatro:
    • Desenvolver a creatividade.
    • Traballar a expresión corporal.
  • Club de Lectura:
    • Traballar a comprensión, a memoria e a atención.
    • Fomentar o hábito da lectura.

Contacto: educacionsocial@adacelugo.org

ENTREVISTA

Miembros de:


Coa Colaboración de: