Dende este servizo realizase a primeira acollida das persoas afectadas de dano cerebral adquirido (DCA) e as súas familias. A intervención do traballador social depende da fase na que se atope o afectado.
Obxetivos:
Acollida, información , orientación e asesoramento aos afectados de DCA, así como aos seus familiares e coidadores, durante todo o proceso; tanto en fases iniciais hospitalarias como na preparación a alta ou derivación a outro recurso.
Asesoramento sobre recursos sociosanitarios e prestacións das que se poden beneficiar. Axuda en tramitación e xestión dos mesmos,
Atención e rehabilitación social dos afectados e as súas familias.
Nexo de unión entre as familias e o persoal de rehabilitación, para coordinación e mellor comprensión do traballo entre o centro e o domicilio.
Prevención, sensibilización do DCA no entorno. Coordinación con outras entidades e administracións.
Información sobre os recursos e actividades que se realizan na asociación.
Apoio e acompañamento durante as etapas do proceso. Creación de grupos de axuda mutua.
Búsqueda de recursos e coordinación con outras entidades e servizos.
Prevención da sobrecarga familiar, acompañamento na volta ao fogar, a resolución de problemas de índole social que xurden durante o proceso de rehabilitación.
Para calquera dúbida ou consulta: traballosocial@adacelugo.org